Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de mil nenos de 14 colexios...

MANUEL PÉREZ GONZÁLEZ, AUTOR DA POSTAL GAÑADORA

Máis de mil nenos de 14 colexios teñen participado no Concurso de Cartel e Programa de Nadal 2009

Xoves 3 de decembro do 2009

Tal e como se recolle nas bases, o centro educativo ao que pertence o gañador deste galardón recibe un premio por valor de 150 euros en material didáctico. Este ano recae no CEIP Fogar. O 2º premio, que marca o debuxo do cartel anunciador das festas de Nadal, recaeu en Claudia Rama Mosquera, de 4 anos, do CEIP A Cristina. Outorgóuselle un premio de 100 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma. Ademais, concedéronse os seguintes accésits, cun valor de 60 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma:

  • Ignacio Eirís Vilariño, de 4º curso do CEIP Gándara-Sofán.
  • Manuel Outes Mallo, de 5º curso do CEIP Fogar.
  • Alejandra Pastoriza Carbajales, do CEIP A Cristina, de 4 anos.
  • Miriam Piñeiro Bardanca, do CEIP Nétoma-Razo, de 3 anos.
  • Amanda Álvarez Montero, do CEIP A Cristina, de 11 anos.

Nesta edición teñen participado no concurso un total de 1.115 nenos de 14 colexios de educación infantil e primaria de Carballo, así como algunha Asociación de Nais e Pais (ANPA). O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o Concello, ademais de converterse na portada do programa do Nadal Cultural, que recolle todos os actos culturais que se celebran durante estas datas en Carballo. Os premiados recibirán o diploma e os agasallos polo valor dos premios concedidos nun acto que terá lugar o domingo 20 de decembro, ás 18.00 horas no Pazo da Cultura.

Compartir: