Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo conta por quinto ano consecutivo cunha...

ENTRE O 4 DE DECEMBRO E O 10 DE XANEIRO

Carballo conta por quinto ano consecutivo cunha pista de patinaxe no Nadal, nesta ocasión de "xeo ecolóxico"

Venres 27 de novembro do 2009

Ademais de mellorar en ecoloxismo, a pista mellora esteticamente, tanto en aparencia como en canto a alumeado. Tamén incrementa a súa superficie, pasando de 450 a 480 metros cadrados. Polo demais, mantén os servizos de cada ano: empréstito de patíns -homologados e dos números 30 ao 47-, equipo de música, bancadas para os usuarios e usuarias, mostradores de atención ao público e valados de seguridade. Así mesmo, para poder patinar é obrigatorio o emprego de luvas, de manga longa e perna longa, ademais de sempre atender as instrucións do persoal de pista. O prezo da entrada é de 5 euros -aínda que haberá descontos para as persoas que realicen as súas compras no comercio carballés- e permite unha estadía duns 45 minutos sobre dos patíns. O horario será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Tamén existe a posibilidade de facer reservas para escolares ou grupos nos teléfonos 981 75 64 52, 615 11 27 63 e 619 64 13 60.

O Alcalde carballés, Evencio Ferrero, quixo subliñar a importancia de que un atractivo como a pista de patinaxe chegue a Carballo nun mes cunha actividade comercial como o de decembro e agradeceu á organización, da que o Concello forma parte, e aos patrocinadores (Xacobeo 2010, Caixa Galicia, CCB-Haley e Alquileres Villar) a súa achega e esforzo en momentos de crise económica coma os actuais. Desexou que a presenza da pista de patinaxe contribúa a "facer do casco urbano carballés ese punto de encontro para todas as familias". Por último, subliñou a importancia de que Carballo soubera sobrepoñerse e "superar de novo o listón".

Compartir: