Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principian os traballos para mellorar a...

O PRAZO DE EXECUCIÓN PREVISTO É DE TRES MESES

Principian os traballos para mellorar a travesía de Malpica, que contan cun orzamento de 845.000 euros

Martes 24 de novembro do 2009

O prazo de execución ofertado polo licitador para o desenvolvemento dos traballos é de 105 días naturais, pouco máis de tres meses. Segundo o convenio, asinado en xaneiro deste ano, a obra levarase a cabo ao longo de 1,3 quilómetros (entre os puntos 0 e 1,360 da estrada AC-416 entre Carballo e Malpica). Os traballos consisten na renovación da pavimentación da avenida, na ampliación da calzada e na instalación de beirarrúas e aparcadoiros. Dado o carácter urbano do treito, a actuación inclúe tamén a renovación de servizos como a rede de abastecemento e saneamento, o soterramento do tendido eléctrico ou a dotación de mobiliario urbano.

Unha vez concluídas as melloras, o treito obxecto da reforma será transferido ao Concello de Carballo, que a partires dese momento asumirá a explotación, mantemento e conservación da avenida de Malpica. Así mesmo, o convenio tamén recolle unha cláusula específica pola que o Concello de Carballo acepta a transferencia da titularidade de pouco máis de 100 metros da estrada Carballo-Buño (AC-414) dende o final da travesía de Malpica ata o enlace coa autovía A Coruña-Carballo (AG-55) e outros 900 metros da estrada A Coruña-Cee (AC-552). Está previsto que as melloras estean rematadas no primeiro trimestre de 2010.

Compartir: