Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno aproba o proxecto de...

VISTO BO DEFINITIVO Á EXECUCIÓN DO CENTRO SOCIAL DE CANCES

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de urbanización do polígono 27, situado na contorna da rúa Perú

Luns 23 de novembro do 2009

A Xunta de Goberno tamén recolle a aprobación definitiva dos traballos para a execución dun centro social na parroquia de Cances, en Cances da Vila. O prezo de adxudicación é de 266.577,65 euros, o que supón unha baixa dun 17 por cento sobre o orzamento base de licitación, de 321.177,89 euros. A empresa encargada de realizar as obras será Construcciones Riotorto, que oferta un prazo de execución de sete meses. Hai que lembrar que xa na Xunta de Goberno do pasado 10 de outubro tíñase sacado adiante a cesión dos terreos necesarios, e que o proxecto poderá realizarse a través dun acordo coa Deputación da Coruña, que achegará o 80 por cento do orzamento global do proxecto. O obxectivo é que o novo centro social entre en funcionamento no curso 2010-2011.

Outros acordos da Xunta de Goberno refírense á solicitude dunha subvención ao Programa Formic (Formación nas Zonas mineiras do Carbón) 2009-10 para poder desenvolver varias accións formativas, entre as que destacan unha de 250 horas para soldador de tubarias e unha de carpinteiro metálico de 1.150 horas. Tamén se solicitan módulos de prevención de riscos laborais e de técnicas de busca de emprego. Por último, na sesión tamén se aprobaron cinco vaos permanentes e se aprobou o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para subvencionar a XVIII edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) que se desenvolveu o pasado mes de outubro.

Compartir: