Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca o concurso para elixir o...

PREMIOS: MÁIS DE 500 EUROS EN LIBROS E XOGUETES

O Concello convoca o concurso para elixir o cartel e a postal de felicitación de Nadal

Mércores 18 de novembro do 2009

Así mesmo, o colexio ou entidade gañadora do 1º premio recibirá un total de 150 euros en material didáctico. Cada colexio ou entidade que participe cun número razoable de obras, recibirá, ademais, un lote de libros ou material didáctico para a súa biblioteca. O primeiro e o segundo premio serán publicados como tarxeta de felicitación do Concello de Carballo e cartel anunciador das festas, respectivamente. O prazo de presentación das obras remata o venres 27 de novembro, ás 14.00 horas, debendo entregarse os traballos nas oficinas da Concellaría de Cultura situada no primeiro andar do Pazo de Cultura.

Para obter máis información, os interesados e interesadas poden dirixirse ao Pazo da Cultura (Rúa do Pan, s/n), chamar ao teléfono 981 704 300 ou consultar as bases nesta mesma nova. Entre as normas do concurso, destaca que os traballos deben presentarse en cartulina de tamaño 210x297 mm. (tamaño A4), como mínimo, ou 400x500 mm. como máximo, figurando no dorso o nome, apelidos, idade, enderezo e teléfono do autor/a e o nome do colexio no que estuda ou da entidade correspondente. Tamén hai que aclarar que o xurado estará constituído por tres adultos designados polo Concello de Carballo e por alumnado de ensino Primario.

Compartir: