Inicio Carballo ao día Hemeroteca 'Seis clases de baile en seis semanas',...

A OBRA ACADOU UNHA PUNTUACIÓN DE 4,81

'Seis clases de baile en seis semanas', de Pentación Espectáculos, gaña o Premio do Público do FIOT '09

Luns 16 de novembro do 2009

A alta calidade das propostas programadas vén confirmada polos votos dos espectadores, xa que a puntuación media do conxunto dos espectáculos foi de 4,13 (sobre 5), a terceira máis alta na historia do festival. Esta puntuación media é alta debido ao éxito de público na asistencia a cada espectáculo xa que en 8 das 10 obras de sala esgotáronse as localidades, sendo a ocupación media do 96,48 por cento, é dicir, case cheo absoluto todos os días de función. Este interese por parte dos espectadores constátase, así mesmo, no ritmo de venda de bonos e entradas, xa que os bonos que se venderon foron 157, e as entradas para algún dos espectáculos esgotáronse con tres semanas de antelación á súa celebración.

Este éxito de público produciuse a causa de que as obras presentadas foron moi diversas, tanto desde o punto de vista dos formatos, como desde os xéneros teatrais, dos diferentes estilos ou das diferentes disciplinas escénicas, poñendo un énfase especial en presentar propostas que teñen a pretensión de renovar as linguaxes escénicas. Humor, música, linguaxe xestual, xogos coas palabras e show, moito show son outros referentes moi presentes. A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo queren agradecer ao público o seu respaldo, demostrado coa súa participación en todas as propostas previstas no festival, cun total de 36 actividades, entre espectáculos de sala e outras actividades paralelas.

Compartir: