Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de Dinamización da Sociedade da...

EN OUTUBRO O TELECENTRO EMPREGOUSE EN PRETO DE 600 OCASIÓNS

O Centro de Dinamización da Sociedade da Información de Carballo pecha o mes con máis de 70 novos usuarios e usuarias

Xoves 5 de novembro do 2009

En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de Carballo en xaneiro de 2007 teñen sido xa 766 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da Rede de Dinamización da Sociedade da Información. Neste tempo leváronse a cabo 66 obradoiros nos que se formou a 575 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron dúas charlas e sete iniciativas, nas que participaron 40 persoas. A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión dos veciños e veciñas na Sociedade da Información.

A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Carballo, sito no Pazo da Cultura, 1º andar (rúa do Pan, s/n), chamar ao teléfono 981 704 300 ou mandar un correo electrónico ao enderezo <soraya.carballo@dinamiza.fundacioncalidade.org>.

Compartir: