Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello emprende a retirada dos residuos dun...

BUSCA DOS INFRACTORES: SANCIÓNS DE 500 EUROS

O Concello emprende a retirada dos residuos dun total de seis vertedoiros incontrolados

Luns 2 de novembro do 2009

Neste tipo de acumulacións de lixo tamén é habitual atopar residuos procedentes de talleres mecánicos, roupas, pneumáticos, mallas metálicas ou grandes cantidades de vidro. Nesta última recollida de vertedoiros, retiraranse os restos en Esteves, Ardaña (con dous puntos de verquidos); na pista de Cesta a Barís, tamén en Ardaña (na imaxe); en Casaldares, Entrecruces; na pista das Bouzas a Prearada, en Sofán; na pista do Cótaro a Barbalde de Arriba, Rus; e nas Airas, en Bértoa. O Concello carballés, dende as concellarías de Servizos e Medio Ambiente, pide aos veciños e veciñas que lembren e respecten as indicacións da ordenanza de limpeza, que prohibe o depósito e vertido de lixos e residuos en zonas distintas ás instalacións municipais destinadas a tal fin.

As concellarías de Servizos e Medio Ambiente, tamén queren lembrar o funcionamento do Punto Limpo Móbil, que está en marcha o primeiro martes de cada mes. Para desfacerse dos chamados voluminosos, principais residuos atopados nos vertedoiros (electrodomésticos, sofás, colchóns, televisores, mobles, etc.) a través deste servizo, hai que chamar previamente, alomenos con 24 horas de antelación, ao 981 701 642. Estes restos tamén poden levarse voluntariamente ata o Punto Limpo carballés, que está aberto os martes, xoves e sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Compartir: