Inicio Carballo ao día Hemeroteca Quico Cadaval e 'Café con...'...

CONVERSA O XOVES 29 CON TEATRO DEL NOROESTE

Quico Cadaval e 'Café con...' achegan o teatro ao público da XVIII edición do FIOT

Mércores 28 de outubro do 2009

E as actividades paralelas continúan o venres 30. Así, os espectadores máis atrevidos poderán achegarse ao Teatro de Rúa cun Tête à Tête…con Quico Cadaval, que presenta 'O Conservatorio', unha performance nun escaparate no que o actor se somete a conversar con aqueles que se atrevan a ser vistos, pero non oídos, polo público que pase por diante do lugar dos feitos. Esta innovadora proposta comezará ás 20.00 horas e durará ata as 00.00 horas nun escaparate da rúa Coruña ou rúa do Hórreo. O mesmo venres poderemos desfrutar de teatro de sala coa compañía galega Teatro do Noroeste que presenta 'Glass City', unha obra de teatro musical na que se contrapoñen humor e tensión dramática e que conta cun amplo equipo artístico de catorce actores e músicos. A partires das 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura.

O sábado 31 de outubro a compañía de Valladolid Teatro Corsario regresa de novo ao Festival Internacional Outono de Teatro coa peza teatral de Lope de Vega 'El caballero de Olmedo'. E o domingo 1 de novembro péchase o FIOT coa produción de Pentación Espectáculos 'Seis clases de baile en seis semanas', na que os espectadores poderán desfrutar do traballo interpretativo de Lola Herrera e de Juanjo Artero. Así chegará a fin do Outono de Teatro despois de dez representacións de sala, a Rúa dos Contos e numerosas actividades paralelas. As últimas, a partires do xoves 29.

Compartir: