Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de Dinamización da Sociedade da...

INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E Á INTERNET

O Centro de Dinamización da Sociedade da Información situado no Telecentro oferta catro novos cursiños, tres para maiores, no mes de novembro

Mércores 28 de outubro do 2009

No referente ás datas concretas e ao contido dos obradoiros, son as seguintes:

  • 'Procura de emprego en Internet': ao remate deste obradoiro os/as participantes coñecerán como promocionar o seu currículo a través de Internet. Esta actividade terá lugar en horario de tarde os días 3 e 4 de novembro (martes e mércores) de 16.30 a 18.30 horas. Está destinado á poboación en xeral.
  • 'Iniciación á Informática': pretende capacitar aos usuarios/as para que sexan quen de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas, etc.) e funcionalidades básicas que ofrece un computador. Realizarase en quenda de mañá, de martes a xoves, do 3 ao 12 de novembro. Dirixido a maiores.
  • 'Iniciación á Internet': os/as participantes serán capaces de utilizar, de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede de Internet. Levarase a cabo de martes a venres, do 17 ao 20 de novembro en horario de 10.45 a 12.45 horas. Dirixido a maiores.
  • 'Creación dunha conta correo electrónico': con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Desenvolverase en quenda de mañá de martes a xoves, do 24 ao 26 de novembro, no mesmo horario que os anteriores, de 10.45 a 12.45 horas. Dirixido a maiores.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as actividades da Rede de Dinamización da Sociedade da Información (RDSI) en Carballo, os interesados e interesadas poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Carballo, situado no Pazo da Cultura, 1º andar (rúa do Pan, s/n), chamar ao teléfono 981 704 300 ou mandar un correo electrónico ao enderezo <soraya.carballo@dinamiza.fundacioncalidade.org>. Para máis información sobre o proxecto, pódese acudir ao portal Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu.

Compartir: