Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo anima aos empresarios a que subscriban...

O PACTO DO EMPREGO ASINARÁ UN CONVENIO DE COLABORACIÓN

Carballo anima aos empresarios a que subscriban as axudas do Ministerio de Industria para impulsar a actividade económica

Mércores 7 de outubro do 2009

As condicións para a obtencións das axudas que ofrece o Ministerio consisten en cretos ao 0 por cento de tipo de xuro e cun período de amortización de 15 anos, sendo os primeiros 5 de carencia, unhas axudas que son perfectamente compatibles con outras do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica) a fondo perdido, por exemplo. Para concellos e entidades sen ánimo de lucro, como fundacións ou asociacións de empresarios, as axudas poden ser cretos nas mesmas condicións coa diferencia que mentres que ás empresas finánciaselles ata o 50 por cen dos proxectos, aos concellos sería até o 75 por cento. Asemade, para estes últimos, tamén pode haber subvencións a fondo perdido de ata o 50 por cento.

Por outra banda, os empresarios recibirían a financiamento antes do inicio da execución material dos proxectos. Está previsto que a convocatoria destas axudas sexa no mes de novembro, mentres que o ingreso estaría feito en abril ou maio de 2010. A devolución das axudas sería a partir de 2015, con dez anos de máximo para poder devolver o creto. En canto á colaboración do Pacto do Emprego, proporase ao Ministerio que dende esta entidade se poida impulsar e asesorar ás empresas que estean en disposición de acudir ás axudas de Industria. Ademais, proporase que representantes do Pacto Territorial participen no proceso de avaliación e aprobación das axudas conxuntamente co Ministerio.

Compartir: