Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno saca adiante a creación de...

APROBADO O PROXECTO PARA A TRAVESÍA DE SÍSAMO

O pleno saca adiante a creación de máis de 90 prazas de zona azul na capital municipal carballesa

Martes 29 de setembro do 2009

Outro dos asuntos da orde do día que a corporación aprobou refírese á 'Urbanización da DP-1901 Carballo-Sísamo (Fase I)'. Trátase da mellora do treito da travesía de Sísamo que abrangue dende o punto quilométrico 0,000, situado no cruce coa avenida de Malpica, até o 0,730. A Deputación provincial, titular desta estrada, asume de xeito íntegro o importe dos traballos, que contan cun orzamento previsto de 597.398,55 euros. O Concello cede os terreos necesarios para realizar as obras, mentres que o organismo provincial asume a execución da actuación. A aprobación do proxecto no pleno é o primeiro paso para iniciar o proceso de contratación.

A sesión plenaria deu, así mesmo, o visto e prace á sinatura dun convenio coa Consellería de Medio Ambiente para xestionar os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos no Punto Limpo carballés. Mediante este acordo, clasificaranse os distintos tipos de restos en colectores, e o Concello recibirá unha retribución económica por tonelada de residuos, dependendo da súa clasificación. Por último, aprobouse a designación dos festivos locais para 2010, que serán os días xoves 24 e venres 25 de xuño, coincidindo coas festas patronais de San Xoán; así como a conta xeral do Concello de Carballo correspondente ao exercicio de 2008, que contou cun remanente de tesourería de 1,8 millóns de euros.

Compartir: