Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicación definitiva do contrato para a...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicación definitiva do contrato para a 'Transformación da rede unitaria do polígono de Bértoa en separativa de fecais e pluviais'

Martes 29 de setembro do 2009

Na Xunta de Goberno tamén se deron pasos para avanzar na urbanización do polígono 32 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), situado no barrio das Flores da capital municipal, no entorno das rúas Rosa, Begonias, Camelias e a avenida das Flores. Así, aprobouse o expediente de xestión urbanística que saca adiante os Estatutos da asociación administrativa de propietarios. O polígono 32 afecta a un ámbito de 19.500 metros cadrados e no PXOM recóllese a cesión de espazos públicos para a creación dunha praza. Está previsto que o desenvolvemento deste polígono se realice polo sistema de cooperación.

Por último, a xuntanza tamén serviu para sacar adiante varias subvencións e convenios. No apartado de subvencións, solicítanse preto de 16.000 euros -dun total aproximado de 45.000- para o desenvolvemento do programa Educación Familiar 2007, dependente da Consellería de Traballo e do Benestar, e deseñado para financiar programas de intervención familiar a nivel local. Así mesmo, solicítase, tamén á Consellería de Traballo, unha axuda para a contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local.

No caso dos convenios, a Xunta de Goberno aprobou un de cooperación educativa entre o Concello de Carballo e o Centro de Estudos Universitarios de Galicia (Cesuga) para a realización de prácticas no ámbito da administración local. Tamén se deu conta do convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo para a 'Rede cultural 2009', que inclúe actuacións musicais e teatrais. Para rematar, sacouse adiante a programación da XVIII edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT '09).

Compartir: