Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 32 pilotos están inscritos na...

DOMINGO 27 DE SETEMBRO

Un total de 32 pilotos están inscritos na cuarta proba do Campionato Galego de Quadcross que se celebra no circuíto de Bértoa

Mércores 23 de setembro do 2009

As portas ábrense ás 9.30 horas, aínda que o comezo dos adestramentos libres está previsto para as 12.15. Xa despois de comer, sobre as 16.00 horas, principia o desenvolvemento das mangas, cunha entrega de trofeos prevista para as 19.00 horas. O prezo da entrada por persoa é de 5 euros. A organización, que conta coa colaboración de EcoQuad Galicia, Bergantiños Motor e o Club Remontes, ademais do Padroado Deportivo Municipal, quere resaltar que pode contar cunhas das mellores instalacións en toda Galicia, cun circuíto moi técnico e dunha grande dificultade. A organización subliña, así mesmo, que a lista de participantes é moi completa, coa presenza de dous pilotos que nestes momentos están disputando o Campionato de España.

A administración local tamén fixo unha valoración das probas disputadas até o momento, que contaron cun notable éxito de asistencia. "As primeiras sensacións da xente son moi boas e é un reto manter o nivel e ir medrando", destaca Evencio Ferrero, que tamén quixo agradecer o compromiso de toda as entidades implicadas na recuperación do circuíto. Pola súa banda, o xerente do Padroado, Francisco García Bello, amosou a súa satisfacción porque "o circuíto permita agora que Carballo volva ser a capital do motor que ten sido".

Compartir: