Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principian os traballos para a mellora e...

OBRAS E SERVIZOS

Principian os traballos para a mellora e acondicionamento da avenida de Bergantiños da capital municipal

Martes 22 de setembro do 2009

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Obras, Luís Lamas, veñen de visitar a zona para comprobar a marcha dos traballos. Se o tempo acompaña, a administración local espera que as melloras estean rematadas a finais do mes de outubro, antes de que remate o prazo de execución. O obxectivo desta actuación é acondicionar a totalidade da vía para que os vehículos e os peóns poidan circular con normalidade, despois da apertura ao tráfico rodado da avenida de Bergantiños hai aproximadamente dous anos.

Os traballos teñen principiado estes días para intentar adiantarse á chegada da época invernal, xa que as choivas poderían atrasar o desenvolvemento das obras, que, malia non ser complicadas, requiren realizar un importante movemento de terras. O proxecto, ademais do acondicionamento da avenida de Bergantiños inclúe a dotación de aglomerado nalgunhas das rúas coas que comunica esta vía cara á avenida de Bértoa.

Compartir: