Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entregado o proxecto para emprender o proxecto de...

O PRAZO DE EXECUCIÓN É DE 16 MESES

Entregado o proxecto para emprender o proxecto de remodelación do mercado de abastos carballés

Martes 22 de setembro do 2009

O prazo de execución para o desenvolvemento das obras é de 16 meses, e a administración local ten previsto achegar máis de 600.000 euros para o proxecto. Na proposta de Abadeus Arquitectura hai que subliñar a presenza de tres plantas (unha soterrada), así como dun ascensor e dous montacargas. Na planta baixa estarán situados os postos dos concesionarios, mentres que a primeira estará destinada a usos múltiples. Está previsto que a faciana do edificio sexa acristalada, mentres que os accesos ao mercado estarán situados na Gran Vía, por un lado, e cara a Praza do Concello polo outro.

Hai que subliñar que a empresa redactora do proxecto ten incluído algunhas das suxestións realizadas polos placeiros o pasado mes de agosto, como a de incrementar a superficie útil dos postos na medida do posible. Abadeus Arquitectura ten entregado o proxecto antes de que rematara o prazo máximo previsto, nunha xuntanza na que estiveron presentes o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o Tenente de Alcalde, José Antonio Viña, e o Concelleiro de Obras, Luís Lamas. A administración local espera poder axilizar o máximo posible o desenvolvemento dos traballos do mercado.

Compartir: