Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca a instalación das torres de...

OBRAS E SERVIZOS

Arrinca a instalación das torres de alumeado no campo de fútbol do complexo das Eiroas

Xoves 17 de setembro do 2009

No complexo deportivo das Eiroas téñense investido dende finais do 2007 preto de 900.000 euros en diferentes obras de mellora. Así, no campo principal procedeuse á substitución do céspede e da rede de rego por un importe de 305.900 euros, mentres que no campo anexo construíuse un novo módulo de vestiarios, un peche e muros de contención e colocarase un novo manto de céspede artificial e unha rede de rego, ademais da instalación de novo alumeado que se está a acometer nestes intres. No caso dos traballos para a dotación dun novo céspede a empresa adxudicataria é Opsa.

Estas tres actuacións supoñen un importe que se achega aos 600.000 euros. Deste xeito, o complexo deportivo das Eiroas converterase nunha instalación de referencia na comarca para a práctica do fútbol, dotado con dous campos de céspede artificial de última xeración, cos seus correspondentes vestiarios e iluminación.

Compartir: