Inicio Carballo ao día Hemeroteca Esta fin de semana Feirón de Verán...

REMATA A I RUTA DO PINCHO DE VERÁN

Esta fin de semana Feirón de Verán en Carballo

Venres 28 de agosto do 2009

Este domingo remata a I Ruta do Pincho de Verán, na que participan un total de 16 locais de hostalería de Carballo, iniciativa que se ven realizando os sábados e domingos dende o pasado 8 de agosto e que pon o seu fin coa elaboración por parte de todos os locais de un pincho común a base de fabas e co sorteo dos tres lotes de produtos obsequio de numerosos colaboradores: Berlypan, Bisutería Fely, Bodegas Carballo, Brañerbe, Calvelo Seoane, Calvo, Disjovi, Distribuciones Carlos, Distribuciones Pose, Coca-cola, Comercial Janel, Forno Novo, Frutas Fondo, Hidisa, Informática Valem, Manuel Cotelo, Proquiber, Sánchez Viqueira, Vinos Cándido e Salgado.

O sorteo terá lugar ás 13.30 h. na carpa situada na Praza do Concello con motivo da Praza dos Libros, que continuará ao longo de toda a fin de semana.

Feira do automóbil de ocasión
O núcleo urbano de Carballo acolle tamén este sábado 29 e domingo 30 de agosto unha nova edición de Berocasión, a feira do vehículo de ocasión que contará cunha exposición de máis de 400 vehículos por parte dos concesionarios Gonzacar, Motor Carballo, Talleres J. Lema, Motor Canedo, Dimolk e A Galleguiña.

Esta mostra, que estará situada nas rúas colindantes ao Parque do Rego da Balsa (rúa Anxel Fole, rúa Enríquez Sánchez e rúa Avilés de Taramancos), abrirá en horario de 10.00 a 22.00 h. e achegará ao público asistente vehículos de ocasión, seminovos, quilómetro cero, nacionais e de importación, todoterreos, furgonetas, etc... cunha garantía mínima de un ano.

Os compradores contarán con facilidades específicas coma son un financiamento especial para a feira, a posibilidade de recollida do coche vello, así coma do aproveitamento das axudas estatais e da comunidade autónoma.

Para facilitar a instalación e o funcionamento da feira o Concello de Carballo cortará o acceso as rúas Anxel Fole, Enríquez Sánchez e Avilés de Taramancos, dende o venres 28.

Compartir: