Inicio Carballo ao día Hemeroteca Oito equipos participarán no IV Torneo...

12 E 13 DE SETEMBRO

Oito equipos participarán no IV Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo

Venres 21 de agosto do 2009

No acto participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, o vicepresidente da Federación Galega de Balonmán, Jesús Pedrido, o coordinador do torneo Fernando Vázquez e o presidente das Escolas de Balonmán Xiria, Álex Cousillas.

Nesta edición, na que se da un salto de calidade importante, e que se disputa en categoría cadete masculina, participarán 8 equipos pertencentes aos clubs Ademar León, ABC Braga, Maristas de Algemesí, Sociedade Deportiva Teucro e Escolas de Balonmán Xiria.

Paralelamente ao torneo o club Maristas de Algemesí tamén desprazará a Carballo un equipo infantil masculino que disputará tres partidos na localidade fronte aos equipos infantís do OAR Coruña, Bm Lalín e Escolas de Balonmán Xiria.

Agradecer dende o club o apoio prestado polas entidades coorganizadoras (Concello de Carballo e Padroado Deportivo Municipal) patrocinadoras (Fundación Deporte Galego e Deputación da Coruña) e colaboradoras (Federación Galega de Balonmán, Conservas Calvo, Ifecgás Pereira e os servizos municipais da Policía Local e Protección Civil) así como a Raul López Molina, deseñador do cartel.

Compartir: