Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicada de xeito definitivo a redacción...

A EMPRESA É A CORUÑESA ABADEUS ARQUITECTURA SLP

Adxudicada de xeito definitivo a redacción do proxecto de remodelación do mercado de Carballo

Luns 3 de agosto do 2009

Durante a sesión, tamén se teñen producido un total de seis adxudicacións provisionais para outras tantas actuacións no municipio, incluídas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal e da rede viaria local do ano 2009 (POS 2009), por un importe total de 614.626 euros. Trátase do 'Ensanche e mellora da travesía de Bértoa' (148.364 euros); da obra de 'Acceso ao porto de Razo' (124.537 euros); da 'Rede de saneamento en As Torres-Parroquia de Oza' (89.409 euros); do 'Afirmado da pista de Redonda a Vico de Ouxes' (84.680 euros); da 'Rede de saneamento en Bolón-Sofán' (78.896 euros); e dunha 'Rede de saneamento en Gilfonxe-Parroquia de Bértoa' (88.740 euros).

Os prazos de execución previstos para estas actuacións oscilan entre os 22 días do 'Acceso ao porto de Razo' e os seis meses previstos para a creación da 'Rede de saneamento en As Torres-Oza'. O ensanche e mellora da travesía de Bértoa ten un prazo previsto dun mes e medio para a súa finalización. Por último, a Xunta de Goberno sacou adiante o expediente de contratación para a compraventa dunha parcela en Paradela, por un valor de 6.235 euros, para a localización dunha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na parroquia de Sofán.

Compartir: