Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rematan as Xornadas 'Tercer Sector, Empresa...

PROXECTO SINGRA

Rematan as Xornadas 'Tercer Sector, Empresa e Acción Social'

Venres 11 de novembro do 2005

Dúas mesas redondas e unha conferencia porán fin, esta tarde, a unhas xornadas que se desenvolven no Pazo da Cultura desde o xoves. As empresas de inserción, a experiencia de Valnalón e as políticas e estratexias de apoio aos emprendedores serán os asuntos que se debatirán esta tarde no multiusos carballés.

Aprender para educar

Ademáis, O Pazo da Cultura será escenario, tamén hoxe venres 11 de novembro, dunha nova conferencia do programa para nais e pais Aprender para educar, do Concello de Carballo. Xunto coa Asociación Sociopedagóxica Galega, márcase o obxectivo de compartir aprendizaxes, sentimentos e experiencias para que as nais e os pais poidan coñecer as súas aptitudes, melloralas e adquirir estratexias que lles faciliten a prestación da axuda necesaria e eficaz aos seus fillos e fillas. Así, a partir das 20,00 horas do venres, no Pazo da Cultura, celébrase a terceria das xornadas do programa. Unha conferencia a cargo de Ramón Veras Castro, médico de familia, baixo o título Educación para a saúde. O ciclo de conferencias dentro do programa Aprender para educarcontinuará o 25 de novembro e o 16 de decembro. A mestra e pedagoga Cristina Lerma e a psicóloga Carme Loriga ofrecerán as duas últimas charlas: Educar os sentimentos, as emocións e a sexualidade e Como facer lectores. Ao igual que as precedentes, as conferencias terán lugar no Pazo da Cultura de Carballo.

Compartir: