Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acada en natación a súa...

NA SEGUINTE FASE OS EQUIPOS DE BALONMÁN E FÚTBOL 7 MASCULINO

Carballo acada en natación a súa primeira medalla na historia dos Xogos do Eixo Atlántico

Martes 7 de xullo do 2009

Na competición de balonmán masculino o equipo se enfrontaba ao portugués Matoshinos. O equipo de Carballo demostrou ser superior e o partido finalizou cun resultado de 21-23, que lle deu ao conxunto carballés os dous primeiros puntos da liguilla. Na competición de fútbol 7 os carballeses enfrontáronse ao Concello de Carballiño. Claramente superior tanto técnica como tacticamente, o equipo de Carballo marchaba ao descanso cun resultado de 2-0. A segunda metade o adestrador carballés deu minutos a todos os xogadores e o partido rematou cun 3-0. Con esta victoria, o equipo clasificouse para a segunda fase.

Na competición de baloncesto masculino o equipo xogou ante o Concello de Ferrol. Sabendo que o partido se disputaba sen a presión ao estar xa os carballeses clasificados para a seguinte fase, o equipo desenvolveu un baloncesto de gran valor, especialmente primeira metade. Na competición de baloncesto feminino o equipo de Carballo disputou o seu partido contra o equipo portugués de Vilanova de Gaia. As rapazas de Joaquín puxeron todo o seu esforzo pero víronse superadas pola maior envergadura física do rival. As de Carballo non tiveron opción ante un rival superior. Nos seguintes partidos aclararase se conseguen pasar á seguinte fase.

Compartir: