Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello avanza nos trámites para a...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello avanza nos trámites para a creación dun Centro Social en Cances da Vila por máis de 300.000 euros

Luns 6 de xullo do 2009

A sesión da Xunta de Goberno serviu tamén para sacar adiante un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para a participación de prevención nos incendios forestais mediante a realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais de titularidade municipal. A subvención da Consellería poderá ser como máximo de 130 euros por hectárea limpa, un orzamento máximo anual de 91.000 euros. O Concello deberá aportar a maquinaria necesaria para desenvolver os traballos, empregando como mínimo dous tractores con desbrozadora.

Así mesmo, a Xunta de Goberno solicitou a inclusión do Concello de Carballo no Plan Provincial de axuda contra a crise destinado ao financiamento dos gastos correntes dos concellos 2009, solicitando unha achega de 270.694 euros. Por último, no apartado de obras, saíron adiante varias certificacións, como a segunda da 'Rede de saneamento e EDAR de Artes'; a primeira dos traballos de 'Urbanización de rotonda no barrio da Milagrosa'; a primeira da 'Execución do acondicionamento do Centro Social de Imende'; a primeira das melloras na 'Travesía da Brea'; ou a número nove da 'Urbanización do polígono 26 de Carballo', situado no entorno da rúa Perú e cun importe total de 741.999 euros.

Compartir: