Inicio Carballo ao día Hemeroteca A aula aberta da Rede de Dinamización da...

NOVAS TECNOLOXÍAS

A aula aberta da Rede de Dinamización da Sociedade da Información-Telecentro, contou con preto de 300 usos no mes de xuño

Venres 3 de xullo do 2009

Por outra banda, hai que lembrar que a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Carballo, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de xullo. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:

  • Creación dunha conta correo electrónico: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Desenvolverase de martes a venres, do 7 ao 10 de xullo, de 9.30 a 11.30 horas.
  • Procesador de textos: Writer: pretende capacitar aos usuarios/as para que sexan capaces de coñecer un procesador de texto para poder darlle o formato desexado ao
    texto a traballar. Asemade, realizarase os luns, mércores e venres, do 13 ao 24 de xullo, de 9.30 a 11 horas.
  • Aprende xogando: este obradoiro pretende facer que os pais e fillos/as participantes sexan capaces aprender xuntos o manexo de Internet e diferentes ferramentas que aquí atopamos para a aprendizaxe de pais e fillos. Vai ter lugar do 14 ao 23 de xullo, os martes e xoves, de 9.30 a 11 horas.
  • Facebook: ao remate deste obradoiro os/as participantes coñecerán estarán agregados a este servizo de Internet, asemade que coñecerán os conceptos básicos de administración desta rede social. Esta actividade terá lugar de luns a venres, do 27 ao 31 de xullo, de 9.30 a 11.30 horas.

Asemade, está prevista a realización da charla 'Redes Sociais'. Esta, que terá lugar o día 6, ás 10.30 horas no Centro de Dinamización da Sociedade da Información-Telecentro, consistirá en dar a coñecer o concepto de redes sociais, vantaxes e inconvintes do seu uso.

Compartir: