Inicio Carballo ao día Hemeroteca O jazz, protagonista na segunda fin de semana do...

CULTURA

O jazz, protagonista na segunda fin de semana do Novembro con Música

Xoves 10 de novembro do 2005

É a de Savoy Jazz a única actuación prevista para esta fin de semana. O venres 18 e o sábado 19 será o turno do Grupo de Música Antiga 1.500 e o Festival de Corais, coa Coral Polifónica de Bergantiños, Coro Aires de Bergantiños e Coral Polifónica de Carballo. O mércores día 23 terá lugar o segundo concerto didáctico incluido no programa, a cargo do Quinteto de vento do Conservatorio Superior de Música da Coruña, e dirixido ao alumnado de 5º e 6º de EP de Carballo. O venres 25 será o turno da Big Band, e o sábado 26 haberá dobre actuación, co quintento de corda Pizzicato (concerto infantil) e as actuacións da Coral Polifónica de Bergantiños, a Coral armonía de Ferrol e a Coral de Cesullas en honra a Santa Cecilia. O domingo 27 pecharanse as actuacións do mes de novembro, cós SONS DE AQUÍ. O venres 2 e sábado 3 de decembro finalizará o Novembro con Música cun concerto pop, a cargo de Nadadora (O Grove) e Boy Elliot (Ourense) e un concerto da Banda Municipal de Carballo.

Compartir: