Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aproba o financiamento para un centro...

VISTO BO PARA AS BOLSAS DE ESTUDOS 2009-2010

O pleno aproba o financiamento para un centro social en Cances e a instalación de paneis solares na piscina Vila de Noia

Martes 30 de xuño do 2009

Así mesmo, o suplemento de crédito recolle unha partida de 50.000 euros para a realización de traballos de reparación e conservación no CEIP Fogar da capital municipal. A operación tamén servirá para axudar cos pagos do servizo de Noitebús ou do programa Concilia, así como para pagar material para a Escola Obradoiro, os servizos informáticos, medio ambiente, o alumeado público, o servizo de augas e sumidoiros ou útiles urbanos. Por último, tamén se recollen 50.000 euros para a reforma e mellora dos parques infantís municipais. Dentro dos asuntos económicos, a sesión serviu para aprobar un crédito extraordinario destinado ao financiamento do servizo de Axuda no Fogar, con 36.000 euros.

O pleno tamén aprobou as bases das Bolsas de Estudo e Transporte para o curso 2009-2010, que contan cun importe total de 20.240 euros e que están destinadas ao segundo ciclo de Educación Infantil: 130 bolsas; a Bacharelato ou Ciclos Formativos: 18 bolsas; a estudos de Grao Medio ou Superior: 5 bolsas; e as bolsas de transporte, por un importe de 2.000 euros. En canto a asuntos urbanísticos, o pleno sacou adiante unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) xurdida por unha sentenza xudicial que declara como chan urbano unha serie de solares situados na estrada de Razo. No apartado de mocións, todos os grupos da corporación apoiaron unha proposta para solicitar a dotación dunha base e dun helicóptero de salvamento marítimo para a Costa da Morte.

Compartir: