Inicio Carballo ao día Hemeroteca Concello e Deputación financian a...

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

Concello e Deputación financian a creación dun centro social en Cances e a instalación de paneis solares na piscina Vila de Noia

Sábado 27 de xuño do 2009

Así mesmo, o suplemento de crédito recolle unha partida de 50.000 euros para a realización de traballos de reparación e conservación no CEIP Fogar da capital municipal. A operación tamén servirá para axudar cos pagos do servizo de Noitebús ou do programa Concilia, así como para pagar material para a Escola Obradoiro, os servizos informáticos, medio ambiente, o alumeado público, o servizo de augas e sumidoiros ou útiles urbanos. Por último, tamén se recollen 50.000 euros para o financiamento da reforma e mellora dos parques infantís municipais. Dentro dos asuntos económicos, a sesión aborda o visto bo para un crédito extraordinario destinado ao financiamento do servizo de Axuda no Fogar, con 36.000 euros.

Na orde do día, tamén se inclúe a aprobación das bases das Bolsas de Estudo e Transporte para o curso 2009-10, que contan cun importe total de 20.240 euros. En canto a asuntos urbanísticos, o pleno recolle a aprobación dunha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Trátase dunha modificación xurdida por unha sentenza xudicial que declara como chan urbano unha serie de solares situados na estrada de Razo. No apartado de mocións, está previsto presentar unha proposta conxunta dos grupos da corporación para solicitar a dotación dun helicóptero de salvamento marítimo para a Costa da Morte.

Compartir: