Inicio Carballo ao día Hemeroteca O IX Gran Prix de carrilanas e a Festa do Bosque...

CULTURA

O IX Gran Prix de carrilanas e a Festa do Bosque marcan o remate das Festas de San Xoán

Venres 26 de xuño do 2009

No caso do IX Gran Prix de Carrilanas, están inscritas un total de 11 escudarías, que partirán dende a Avenida de Bergantiños ata a rúa Valle Inclán o sábado 27 a partires das 18.30 horas. Este ano coa novidade da disputa dunha pole position, na que as carrilanas percorrerán o itinerario de xeito individual coa cronometraxe do tempo realizado. No Gran Prix a saída será conxunta, pero na orde de saída determinada polos tempos obtidos da pole, como se se tratase realmente dun premio de Fórmula 1. A Comisión de Festas de San Xoán reparte preto de mil euros en premios neste certame, no que se pode gañar por velocidade, pero tamén por orixinalidade por ter a mellor carrilana ou por competir cunha carrilana clásica.

No caso da Festa do Bosque, durante todo o domingo 28 de xuño o Bosque do Añón acollerá un amplo abano de actividades para todas as idades. Baixo a organización da Peña Gastronómica Os Larpeiros, e co patrocinio da Comisión de Festas, dende as 12.00 horas e ata ben entrada a noite, os carballeses e carballesas poderán participar en citas xa tradicional como a 119 Edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel ou o concurso de postres. No aspecto musical, haberá sesión vermú, grupo de gaitas, regueifas, ademais da actuación de Toñito de Poi e Rasa Loba e de Dj's. Os interesados e interesadas en consultar polo miúdo o programa, poden facelo nesta mesma nova.

Compartir: