Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados os traballos para emprender a...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicados os traballos para emprender a 'Reforma dun local do Padroado Deportivo Municipal' no complexo deportivo da zona escolar

Luns 22 de xuño do 2009

Entre estes proxectos, destacan o relativo ao 'Ensanche e mellora de travesía en Bértoa', cun prezo base de licitación de 181.604 euros; ou a creación dos 'Accesos ao porto de Razo' (na imaxe), por 143.621 euros. Así mesmo, están incluídas as redes de saneamento en As Torres (Oza), en Bolón (Sofán), ou en Gilfonxe (Bértoa); ademais do 'Afirmado da pista redonda a Vico de Ouxes'. cun prezo base de licitación de 100.441 euros. No apartado de obras tamén hai que destacar as certificacións de varias actuacións, como a primeira da 'Rede de saneamento e EDAR de Artes'; a primeira da 'Urbanización e dotación de servizos na rúa Muíño'; a segunda da segunda fase da 'Rede de saneamento en Añón, parroquia de Berdillo'; ou a única da 'Construción dun muro de peche na parte posterior da Igrexa de Bértoa'.

Así mesmo, a reunión da Xunta de Goberno serviu para aprobar varias subvencións. En primeiro lugar, a relativa ao Plan provincial de axuda contra a crise destinado ao financiamento dos gastos de reposición asociados ao mantemento dos servizos públicos esenciais dos concellos 2009, xa que o Concello de Carballo solicita a súa inclusión. O obxecto das axudas iría destinado á reparación de moitos dos danos do temporal que asolou a zona a principios de ano, á reposición de camiños nas parroquias. O importe solicitado é de máis de medio millón de euros. Así mesmo, aprobáronse as Bases das subvencións para asociacións e entidades que desenvolvan accións no eido dos servizos sociais.

Compartir: