Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principian as Festas de San Xoán 2009 co...

CONCELLARÍA DE CULTURA

Principian as Festas de San Xoán 2009 co pregón a cargo do humorista carballés Rober Bodegas

Luns 22 de xuño do 2009

No ano 2007, o pregoeiro das festas foi o gañador do programa de TVE 'El rey de la comedia', emitido durante tres meses en horario de prime time, no que se buscaba ao mellor cómico do país entre miles de aspirantes. Dentro da súa formación, cabe destacar os seus seminarios con Leo Bassi, Jango Edwards e Álex Navarro, entre outros. Ademais, ten presentado os seus espectáculos por salas tan coñecidas como a Galileo Galilei, en Madrid, ou o teatro García Barbón, en Vigo. Tamén ten compartido o escenario con actores como Carlos Blanco, Luis Piedrahita, Javier Veiga, Ricardo Castella, Quequé ou Flipy.

Actualmente compaxina as súas actuacións no espectáculo teatral 'Contamos contigo', con Quico Cadaval, Cándido Pazó e Paula Carballeira, coas súas colaboracións no xornal La Voz de Galicia e co traballo de guionista e colaborador no programa de La Sexta Sé lo que hicisteis.... Con este pregón, márcase a saída para os pratos fortes do San Xoán, co concerto de pop rock o mércores 24 de xuño, a cargo do grupo malagueño Lori Meyers, e coa actuación o 25 de xuño dos arxentinos Dios salve a la reina, que presentan un 'Tributo a Queen' na Praza do Concello.

Compartir: