Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo presenta un novo portal de internet con...

NOVAS TECNOLOXÍAS

Carballo presenta un novo portal de internet con tres webs enfocadas á atención cidadá, ao ocio e ao mundo empresarial

Venres 19 de xuño do 2009

Outra das principais novidades do novo servizo web é a presenza do Xeoportal, un sistema para xestionar a información do territorio carballés a través dun método moi similar ao Google Earth ou o Sigpac. Trátase dunha guía cidadá dixital que permite atopar información detallada acerca de calquera punto do municipio, ben de rúas, hostalería, tendas, emprazamentos culturais, monumentos, etc. Ademais, permite ver un rueiro da vila, e as estradas do municipio, así como unha vista aérea de cada recuncho do Concello.

A nova páxina conta, así mesmo, con novos apartados con máis información detallada e múltiples documentos de interese, un buscador de contidos, unha nova axenda para recoller as actividades das asociacións do municipio ou máis imaxes e información actualizada. Por outra banda, hai novas versións en castelán e en inglés, orientadas aos visitantes de fóra do Concello de de fóra de Galicia, facendo fincapé, no caso da versión en inglés, nos datos relevantes para favorecer o turismo. Na actualidade, un total de 420 usuarios reciben a diario como subscritores un boletín coas principais novas xeradas no Concello.

Hai que subliñar, tamén, o apartado de Liña co Alcalde, que agora adquire un maior protagonismo, e co que o rexedor, Evencio Ferrero, resposta persoalmente a dúbidas e inquedanzas dos veciños e veciñas. Precisamente o alcalde quixo subliñar que esta nova web supón unha mostra máis "do interese do Concello polas novas tecnoloxías", así como por "seguir ofrecendo novos servizos". Ferrero subliña que Carballo é un Concello pioneiro na implantación das novas tecnoloxías "comparable coas grandes capitais de provincia".

Compartir: