Inicio Carballo ao día Hemeroteca A exposición 'O cambio...

CONCELLARÍA DE CULTURA

A exposición 'O cambio climático' chega a Carballo para reflexionar sobre o medio ambiente

Venres 12 de xuño do 2009

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, desexa que esta mostra "serva para que cada quen reflexione", ademais de para que "todos poidamos facer tests acerca do esforzo que temos que facer para que a sociedade sexa o máis sostible posible". Pola súa banda, a Deputada provincial, Pilar Souto, quere subliñar "a importancia de preservar o medio ambiente" e asegurou que o organismo provincial "vai seguir apostando por este tipo de exposicións e traballos", que tamén pretenden chamar a atención sobre a necesidade de transmitir á sociedade o coñecemento xerado a través da investigación, nun marco de respecto ao desenvolvemento local sostible. Na inauguración desta mostra tamén estiveron a Concelleira de Patrimonio, María Xesús Vázquez, e a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro.

A mostra pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas na sala de exposicións do soto do Pazo da Cultura. Está previsto que un monitor estea en todo momento para explicarlles aos visitantes os aspectos máis importantes da exposición. Os paneis están divididos en tres partes que relatan as causas, as consecuencias e o 'que podemos facer' respecto do cambio climático e afonda na necesidade de incentivar a iniciativa individual, algo fundamental para acadar resultados no coidado da natureza.

Compartir: