Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a III Xira Galega de Karting 2009...

CONCELLARÍA DE DEPORTE

Carballo acolle a III Xira Galega de Karting 2009 entre o xoves 11 e o domingo 14 de xuño

Martes 9 de xuño do 2009

Este ano o circuíto conta con novidades, como a posibilidade de cronometraxe informático, ademais de ter 24 karts, zona paddock, boxes, taller mecánico, carpas de recepción, megafonía, actividades dinamizadoras e toda a sinalización pertinente. O horario oficial é, polas mañás, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e os sábados de 12.00 a 14.00 horas; polas tardes, de luns a xoves de 17.00 a 22.30 horas, os venres e sábados de 17.00 a 00.00 horas e os domingos de 17.00 a 22.30 horas. De tódolos xeitos, as mañás están dedicadas cunha atención personalizada, en horario de 10.00 a 14.00 horas, para os escolares invitados polo Concello.

Aínda que a tarifa é de 10 euros por sesión, cunha duración de manga de cinco minutos, tamén hai a posibilidade de obter entradas pola metade de prezo coas promocións que realizan os establecementos do Centro Comercial Bergantiños-Haley, patrocinadores da cita (xunto co Concello, a Xunta de Galicia, a Deputación e a Fudación Deporte Galego), así como as tendas de Gadisa da Costa da Morte e Negreira. Segundo o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, o obxectivo desta xira é "aprender educación viaria como primeiro paso para entrar no mundo do motor". O Alcalde carballés, Evencio Ferrero, quixo subliñar a proximidade desta cita coas Festas de San Xoán, e animou á xente a que veña a Carballo "e vexa un bo espectáculo de motor".

Compartir: