Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Rede de Dinamización da Sociedade da...

NOVAS TECNOLOXÍAS

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información conta con máis de 600 integrantes no Concello de Carballo

Venres 5 de xuño do 2009

Asemade, 41 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 424 ocasións durante o mes de maio. Para solicitar máis información sobre as actividades da RDSI en Carballo, os interesados e interesadas poden dirixirse ao Centro de Dinamización, sito no Pazo da Cultura, 1º andar (rúa do Pan, s/n), chamar ao teléfono 981 704 300 ou mandar un correo electrónico ao enderezo electrónico: <soraya.carballo@dinamiza.sociedadedadainformacion.eu>.

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades.

Compartir: