Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello abre aos veciños e...

OBRAS E SERVIZOS

O Concello abre aos veciños e veciñas o novo parque infantil do Xardín Municipal

Mércores 3 de xuño do 2009

Esta actuación forma parte dun plan do Goberno municipal para avanzar no acondicionamento de espazos de uso público, situados tanto na capital municipal como nas parroquias. Está previsto realizar un investimento de arredor de 900.000 euros, dos cales preto de 500.000 servirán para acondicionar o parque de Rego da Balsa, incluíndo tamén a instalación de xogos infantís. Precisamente, segundo anunciou Evencio Ferrero, que estivo acompañado na apertura do parque polo Tenente de Alcalde, José Antonio Viña, este novo espazo estará listo para abrirse ao público este mesmo ano. Tamén principiaran en breve os proxectos para os parques infantís de Vivente e San Paio.

O plan de mellora inclúe, así mesmo, a creación dun novo espazo no Parque do Hospital (no polígono urbano 29) e novas actuacións nas parroquias, na Brea e Vilela. Por outra banda, xa están rematadas outras actuacións previstas neste plan. Así, vén de ser inaugurada unha ampla zona verde na Praza do Outeiro, situada fronte aos novos xulgados, que tamén conta cun novo parque infantil. Ademais, xa teñen rematado os traballos para dotar de novas instalacións o parque do Anllóns, no que xa están colocados varios xogos novos.

O Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas, asegura que tódolos xogos que se teñen colocado e que se van instalar en cada un dos parques infantís están homologados e que nestes momentos estase traballando na homologación dos parques no seu conxunto, para coidar todos os detalles, coma a calidade do caucho instalado. O Concello roga que os veciños e veciñas fagan un uso responsable das instalación e pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas polos traballos de mellora.

Compartir: