Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello acondiciona os areais municipais de...

CONCELLARÍA DE PRAIAS

O Concello acondiciona os areais municipais de cara ao comezo da tempada de praias

Martes 2 de xuño do 2009

Por outra banda, nestes momentos o Concello ten en marcha o proceso para dotar de ata 32 socorristas as praias municipais. Nos últimos días formalizáronse xa os trámites para a contratación de 22 prazas de persoal de salvamento e está en marcha o proceso para engadir outros dez socorristas. A tempada de praias comeza oficialmente o xoves 11 de xuño, e está previsto que remate o 10 de setembro. Os responsables do servizo de salvamento teñen previsto o acondicionamento de catro zonas de baño en Razo, e outras catro en Baldaio, nas que garanten a seguridade e a limpeza das augas.

Así mesmo, ademais da limpeza por parte de Aspaber, dende o servizo de Protección Civil informan de que nestes momentos estanse realizando labores para eliminar os posibles desniveis no areal de Razo, provocados pola forza das mareas vivas, co obxecto de deixar as explanadas listas para o desfrute os veciños e veciñas.

Compartir: