Inicio Carballo ao día Hemeroteca Indeza realizará os traballos de...

OBRAS NA MILAGROSA

Indeza realizará os traballos de estructura da Casa dos Oficios

Mércores 9 de novembro do 2005

Os alumnos da cuarta escola taller de Carballo comezarán a traballar a principios do próximo ano sobre a estructura. Éstes comezaron a súa formación a finais de xuño, e serán os encargados de iniciar os primeiros traballos da Casa dos Oficios, que estará conformada por cinco naves e ocupará unha superficie total de 10.815 metros cadrados. Neste novo edificio situaranse as aulas do Centro Municipal de Formación, así coma un novo auditorio de uso empresarial. No espazo do exterior do complexo seguiranse a realizar as feiras os segundos, cuartos e quintos domingos de mes.

Compartir: