Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os veciños e veciñas do rural...

NOVAS TECNOLOXÍAS

Os veciños e veciñas do rural carballés xa poden contratar o servizo de Internet de banda ampla

Luns 1 de xuño do 2009

Precisamente o Centro Social de Cances foi o lugar elixido pola administración local para presentar este novo proxecto. A cita contou coa presenza de representantes de Eurona, do Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín, e do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. O rexedor manifestou a súa satisfacción por poder ter cuberto unha demanda dos veciños do rural, que agardaban por este servizo. Eurona Telecom explicou as particularidades do sistema, no que a través dun receptor, conectado cun enlace principal, os clientes poderán dispoñer de Internet e teléfono a través de rede de banda ampla.

Respecto aos prezos, Eurona conta, así mesmo, con diversas ofertas para empresas e particulares. Para os veciños e veciñas, o servizo de Internet dun mega será de 29 euros ao mes (sen IVA) ou de dous megas por 32 euros mensuais. A cota de alta, que inclúe a instalación e o equipo, é de 60 euros. No caso das empresas, a oferta é de internet de tres megas por 49 euros ao mes, e de seis megas por 65 euros. Neste caso, a cota de alta é de 60 euros. No caso do servizo de telefonía, os custos son de dez euros ao mes, sen incluír as chamadas, ou de 16 euros con tarifa plana. As chamadas entre os mesmos operadores de Eurona Telecom son gratuítas. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden facelo no número de teléfono 902 026 588.

Compartir: