Inicio Carballo ao día Hemeroteca Preto de 300 xogadores participan no III Torneo...

DEPORTE

Preto de 300 xogadores participan no III Torneo de Hoquei a Patíns Concello de Carballo

Xoves 21 de maio do 2009

O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quere destacar a aposta desta cita polo deporte de base e a vontade do Concello de apoiar estas iniciativas promovidas dende entidades como o club Escola Lubiáns. De feito, este club carballés sempre ten defendido a importancia das categorías de base, coa recente recuperación, ademais, das categorías pre benxamín e benxamín, que están acadando bos resultados e que rescatan o hoquei para os máis cativos e cativas da vila. Na rolda de prensa para presentar o torneo tamén estaban o Xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García, e varios directivos do Escola Lubiáns.

Precisamente o presidente do club, Fernando Fidalgo, subliñou que "hai que ter en conta a cantidade de xente que move a competición das escolas. Por iso fixemos cadrar o noso torneo coa última xornada da liga dos máis pequenos". As categorías que entran en competición son a pre benxamín, benxamín, escolas, xuvenil e sénior. Ao longo das xornadas do venres 5 e o sábado 6 de xuño haberá un total de 20 enfrontamentos entre os equipos entre as 16.00 horas do venres e as 19.30 horas do sábado, cando será a entrega de trofeos.

Compartir: