Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello principia os traballos para mellorar o...

OBRAS E SERVIZOS

O Concello principia os traballos para mellorar o parque infantil da Praza do Concello

Xoves 14 de maio do 2009

Ademais de no parque de Rego da Balsa e da Praza do Concello, realizaranse melloras no parque Eduardo Pondal (na zona Bergantiños) e no Parque do Hospital (no polígono urbano 29). No caso das parroquias actuarase en Vivente, San Paio, A Brea e Vilela. Por outra banda, xa están rematadas outras actuacións previstas neste plan. Así, vén de ser inaugurada unha ampla zona verde na Praza do Outeiro, situada fronte aos novos xulgados, que tamén conta cun novo parque infantil. Ademais, xa teñen rematado os traballos para dotar de novas instalacións o parque do Anllóns, no que xa están colocados varios xogos. Hai que subliñar que neste entorno instaláronse por primeira vez columpios para nenos de pouca idade, con agarres especiais.

O Concelleiro de Servizos, Luís Lamas, asegura que tódolos xogos que se teñen colocado e que se van instalar en cada un dos parques infantís están homologados e que nestes momentos, e despois e terse realizado un informe sobre o estado de tódolos parques infantís municipais, estanse corrixindo algunhas deficiencias atopadas co obxectivo de que "tódalas zonas de xogos cumpran coa normativa vixente". Por último, Luís Lamas roga que os veciños e veciñas fagan un uso responsable das instalación e pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas polos traballos de mellora.

Compartir: