Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados os traballos da terceira e cuarta...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicados os traballos da terceira e cuarta fase do complexo do Proxecto Fórum por un importe de 3,7 millóns de euros

Luns 11 de maio do 2009

No apartado urbanístico, a Xunta de Goberno sacou adiante o proxecto de 'Urbanización do polígono número 9 do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal)', cun orzamento de contrata de 147.234 euros. Este polígono ten unha superficie moi reducida, de 2.462 metros cadrados, pero está situado en pleno centro co casco urbano, moi preto da praza do Concello. Os traballos de urbanización permitirán abrir unha nova vía que unirá as rúas Gravador Manuel Facal e Urbano Lugrís, un vial que facilitará no futuro a prolongación da avenida de Bergantiños.

No apartado cultural, a Xunta de Goberno Local aprobou as Subvencións para as Agrupacións asinantes do Convenio Musical 2009 por un importe de 21.810 euros. Un total de 34 grupos de música e danza tradicional, grupos de gaitas, de cantareiras, masas corais, orquestras, conxuntos e bandas de música serán os beneficiarios deste importe. Así mesmo, a xuntanza tamén serviu para aprobar a certificación segunda da obra 'Rede de saneamento na parroquia de Oza. 2ª fase' por 8.140 euros. Nestes momentos quedan 38.369 euros por executar do importe total do proxecto.

Por último, hai que mencionar que o pleno da corporación reuniuse onte ás 14.15 horas (na imaxe), despois da Xunta de Goberno, para realizar a selección dos compoñentes das mesas electorais para os comicios ao Parlamento Europeo que se celebrarán o vindeiro día 7 de xuño de 2009.

Compartir: