Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Telecentro conmemora o Día das Letras, o...

REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

O Telecentro conmemora o Día das Letras, o Día da Internet e o Día Mundial das Telecomunicacións con varias actividades

Mércores 6 de maio do 2009

Ao longo de todo o mes tamén se desenvolverán diversos obradoiros, nas seguintes datas e horarios:

  • 'Manexo do rato e teclado': con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de coñecer o teclado e o manexo do rato. Desenvolverase de luns a venres, do 11 ao 15 de maio, de 10.45 a 12.45 horas.
  • 'Iniciación ao procesador de textos: Writer': pretende capacitar aos usuarios/as para que sexan capaces de coñecer un procesador de texto para poder darlle o formato desexado ao texto a traballar. Ademais, realizarase de luns a venres, do 18 ao 22 de maio, de 10.45 a 12.45 horas.
  • 'Uso do escáner': este obradoiro pretende facer que os usuarios/as sexan capaces de utilizar un escáner para poder dixitalizar as súas fotografías e textos. Vai ter lugar o 25 e o 26 de maio, luns e martes, de 10.45 a 12.45 horas.
  • 'Achegamento ao blog': ao remate deste obradoiro os/as participantes coñecerán o concepto de blog e serán capaces de manter unha participación activa neste tipo de rede social. Esta actividade terá lugar de mércores a venres do 27 ao 29 de maio, de 10.45 a 12.45 horas.
  • Fóra desta actividade, tamén se levará a cabo un obradoiro dirixido a mulleres sobre o 'Manexo do rato e teclado' que se desenvolverá de luns a xoves, do 11 ao 14 de maio, de 16.30 a 18.30 horas. Así mesmo, está prevista a realización da charla 'Exercita a memoria a través de Internet'. Terá lugar o día 21, ás 17.00 horas no Telecentro e consistirá en coñecer diferentes ferramentas que nos ofrece Internet para axudar a fortalecer a memoria. Para inscribirse ou para solicitar máis información os interesados e interesadas poden dirixirse ao Telecentro do primeiro andar do Pazo da Cultura ou mandar un correo electrónico ao enderezo electrónico <soraya.carballo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu>.

    Compartir: