Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello aproba un empréstito de 2,5...

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

O Concello aproba un empréstito de 2,5 millóns de euros para completar os investimentos do orzamento de 2009

Martes 28 de abril do 2009

Outro dos puntos da orde do día supuxo sacar adiante un suplemento de crédito de 577.000 euros para acometer, entre outros proxectos, a reforma da avenida de Bergantiños da capital municipal. Trátase dunha incorporación do remanente de tesourería pola que poderán realizarse, así mesmo, melloras nas instalacións deportivas municipais, subvencións para a acción social ou o financiamento de proxectos técnicos no Concello.

Por outra banda, na sesión ordinaria de abril tomou posesión a nova Concelleira do BNG, Carmen Regueira Baldomir. Vén a substituír a Lourdes Rey, que asumía os labores como Concelleira de Sanidade, Igualdade, Emigración e Terceira Idade. Carmen Regueira asumirá este último departamento, mentres que o resto das responsabilidades de Rey repartiranse entre o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, que asumirá Sanidade; a Concelleira de Benestar, Dores Silveira, que se fará cargo de Igualdade; e a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, que incorpora Emigración.

Por último, a sesión serviu para aprobar a liquidación do orzamento de 2008 do Padroado Deportivo Municipal, que ascende a 4.035 euros, así como para sacar adiante dúas mocións. Una elaborada por Terra Galega na que se acepta a proposta dos veciños de Leira para restaurar a capela e o cruceiro do lugar. E outra a petición do PP pola que se solicitaba a implantación dun servizo de autobús para achegar aos veciñas e veciñas a Carballo os días de feira. O compromiso do goberno é o de realizar un estudo e procurar que os prezos do servizo sexan o máis económicos posible.

Compartir: