Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle en xullo o V Curso de...

CONCELLARÍA DE CULTURA

Carballo acolle en xullo o V Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística da Universidade da Coruña

Mércores 15 de abril do 2009

En xullo de 2008 desenvolveuse por primeira vez en Carballo este curso de verán, centrado nesa pasada edición nas novas tecnoloxías e a dinamización lingüística (vista, na imaxe, da inauguración do cursiño). As xornadas deste ano centrarán as súas sesións na reflexión sobre a realidade da lingua galega, na introdución de casos prácticos de compromiso individual co idioma, nas razóns para chegar á lealdade lingüística e nos argumentos a prol do uso do galego.

Está previsto que nel participen arredor de 60 persoas, principalmente técnicos/as de normalización lingüística de distintas entidades, axentes sociais e dinamizadores/as sociolingüísticos/as. O curso está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, e conta coa colaboración da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo.

Compartir: