Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o expediente de contratación para...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o expediente de contratación para a redacción do proxecto para remodelar o mercado municipal

Luns 13 de abril do 2009

Así mesmo, a sesión da Xunta de Goberno serviu para sacar adiante o expediente de contratación da 'Reforma do local do Padroado Deportivo Municipal' no complexo deportivo da Zona Escolar. Esta actuación conta cun orzamento de 69.000 euros e dispón así mesmo dunha achega da Deputación provincial de 26.000 euros. Xa no apartado urbanístico, aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización para o polígono 27 da capital municipal, anexo ao 26, situado do entorno da rúa Perú e Rego da Balsa e no que acaban de rematar os traballos de urbanización.

Así mesmo, e neste caso no que se refire a subvencións, o Concello aprobou a solicitude para o Programa de apertura dos Centros Educativos fóra do horario lectivo, grazas ao que xa se están desenvolvendo actividades extra escolares en numerosos centros educativos do municipio. Así mesmo, sacouse adiante o programa de rutas saudables Pasiño a Pasiño, enmarcado dentro do programa Carballo Saudable. Por último, abordouse unha solicitude de subvención incluída dentro do programa Carballo Activa.

Compartir: