Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello emprende un plan de renovación...

OBRAS E SERVIZOS

O Concello emprende un plan de renovación dos parques infantís municipais cun investimento de 900.000 euros

Venres 3 de abril do 2009

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Servizos, Luís Lamas, veñen de visitar o parque do Anllóns, no que xa están instalados varios xogos e no que están a punto de rematar as melloras do parque infantil. Neste entorno instaláronse por primeira vez columpios para nenos de pouca idade, con agarres especiais. Na orde de reformas, seguirase co parque infantil da Praza do Concello e está previsto que a finais deste mes se poida inaugurar a nova zona verde situada no entorno dos Xulgados, que se chamará Praza do Outeiro, tomando o nome do antigo camiño que transcorría pola zona. Evencio Ferrero quixo subliñar que "as familias de Carballo merecen este esforzo".

O Concelleiro de Servizos tamén quixo asegurar que tódolos xogos que se van instalar están homologados e que nestes momentos, e despois e terse realizado un informe sobre o estado de tódolos parques infantís municipais, estanse corrixindo algunhas deficiencias atopadas co obxectivo de que "tódalas zonas de xogos cumpran coa normativa vixente". Por último, Luís Lamas rogou que os veciños e veciñas fagan un uso responsable das instalación e que "cada aparato serva para o seu fin, e non para vandalismos".

Compartir: