Inicio Carballo ao día Hemeroteca A terceira edición de Panxea...

DO 6 AO 17 DE ABRIL NA PRAZA DO CONCELLO

A terceira edición de Panxea perfílase como a festa da solidariedade, a diversidade e a interculturalidade de Carballo

Xoves 2 de abril do 2009

Panxea 09 pretende ofrecer un programa repleto de actividades axeitadas para todas as idades e diferentes tipos de público, ademais de ser unha festa aberta ao mundo e unha mostra co carácter plural e solidario de Carballo, así como das diferentes etnias e culturas. De aí a celebración dun ciclo de cine árabe que acolle a Casa da Xuventude entre o 6 e o 17 de abril. O xoves principian os pratos fortes, empezando polos máis cativos cunha Ciclobiblioteca, unha proposta lúdico pedagóxica na que se pode ler e desfrutar de contacontos e xogos. A charanga Foula será a encargada así mesmo de animar o mercado.

O venres é o día con máis propostas. Principia cun obradoiro de percusión no que se ten invitado aos nenos e nenas de tódolos centros educativos para que con tambores, latas ou calquera cousa que faga ruído, facerse oír en toda a vila. A Feira multicultural estará todo o día na Praza do Concello e a chocolatada que tanto éxito tivera na primeira edición de Panxea volta á praza do Concello. Por último, a partir das 21.00 horas haberá un Festival de diversidade coa actuación de propostas tan dispares como María Manuela (de Ferrolterra), Tangó Roject (e Uruguai), e Chámalle Xis (da Coruña. Os interesados e interesadas poden consultar o programa na marxe superior dereita desta nova.

Compartir: