Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e Caixa Galicia promoven cunha...

CONCELLARÍAS DE CULTURA E EDUCACIÓN

O Concello e Caixa Galicia promoven cunha exposición o coñecemento e o interese pola fauna alada silvestre galega

Mércores 1 de abril do 2009

Esta mostra pode visitarse polo público en xeral de luns a venres de 18:00 a 21:00 horas, pero tamén poden realizarse visitas guiadas por un monitor. De feito, durante a inauguración da mostra un monitor explicou as súas claves a un grupo de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CEIP Bergantiños, que amosaron o seu interese polas diferentes especies. Para a coordinación das visitas guiadas pódese chamar ao 981 188 340. Manuel Aguilar, director da Obra Social de Caixa Galicia quixo subliñar que a exposición pretende dar a coñecer a natureza "para aprender a coidala e respectala".

A inauguración da mostra contou coa presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; da Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro; e da Concelleira de Educación, Mar Eirís. O Alcalde quixo resaltar que moitas das especies que aparecen nos paneis da exposición poden observarse no municipio carballés, como por exemplo a garza real no espazo natural de Razo e Baldaio. Ferrero recomendou aos rapaces que puideron observar a mostra de primeira man que reflexionen "sobre a diversidade das especies" e que contribúan a coidar a natureza "para crear un mundo máis xusto onde todos poidamos convivir".

Compartir: