Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remate, alcume do músico madrileño...

VENRES CULTURAIS

Remate, alcume do músico madrileño Fernando Rodríguez de la Serna, presenta o seu último traballo no Pazo da Cultura

Xoves 26 de marzo do 2009

Moitos críticos situaban os anteriores discos de Remate na onda neofolk, ou americana, pero o seu último traballo é, sobre todo, pop. O seu anterior disco obtivo numerosas e excelentes críticas nos medios internacionais, especialmente no mundo anglosaxón. Do último álbum, 'Safe&Sound' -que xa é o quinto da súa carreira- dise que podería ser un dos mellores discos do ano a nivel nacional. A proposta de Remate é un concerto para escoitar, para empaparse de cancións e non despegarse delas.

Nos seus traballos, él mesmo recoñece que conta coa influenza de artistas tan diversos como Cyndi Lauper, Elvis Costello, Robert Pollard, Fleetwood Mac, Chris Ware, Bill Watterson, Daniel Clowes, Paul Simon, Lou Reed, Jim O'Rourke, Raymond Carver, East River Pipe, Win Wenders ou Jackson Five. Os interesados en coñecer mellor a este artista ecléctico poden consultar nesta nova (na marxe superior dereita) a entrevista feita polo xornalista carballés Henrique Mariño, cedida para a súa difusión nesta web.

Compartir: