Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno apoia aos empresarios para facilitar a...

SESIÓN PLENARIA

O pleno apoia aos empresarios para facilitar a adquisición de parcelas na ampliación do polígono de Bértoa

Martes 3 de marzo do 2009

Así mesmo, aprobouse por unanimidade a ampliación do contrato de xestión de limpeza viaria que vén realizando o Centro Especial de Emprego Aspaber UTE para achegar o servizo a novos polígonos do casco urbano, así como a 19 núcleos rurais tres veces ao ano. O contrato increméntase nunha cantidade anual de 51.114 euros -para chegar aos 292.864. A sesión tamén serviu para aprobar a conta de recadación do exercicio 2008. O Concello pecha unha liquidación en positivo, con 1,8 millóns de euros de remanente de tesourería. Así mesmo, o recoñecemento extraxudicial de crédito ascende a 350.000 euros, unha cantidade que, segundo os socios do goberno, reflicte o bo estado de saúde económica do Concello.

A administración abordou ademais o cambio de titularidade de tres tramos de estradas autonómicas a favor do Concello. Esta modificación é a consecuencia dun convenio coa Consellería de Política Territorial para a mellora da travesía de Malpica por 1.150.000 euros. A administración local acepta por este acordo a transferencia da titularidade de pouco máis dun quilómetro da estrada Carballo-Buño (AC-414) dende a avenida de Malpica ata o enlace coa autovía A Coruña-Carballo (AG-55), así como outros 900 metros da estrada A Coruña-Cee (AC-552) pertencentes á travesía principal xa reformada e que afectan a un tramo entre o cruce coa rúa Portugal e a ponte da Casilla.

Compartir: